É un título que ofrece unha aproximación científica e tecnolóxica á industria alimentaria, abarcando todo o proceso de elaboración dos alimentos, desde a obtención das materias primas ata o proceso de distribución e venda, incluíndo ademais a produción, conservación e control de calidade, tanto dos alimentos como das instalacións onde se manipulan e almacenan.
Liña de especialización CAMPUS AUGA
- Alimentación Funcional
Itinerarios formativos
- Industrias alimentarias
- Industrias vitivinícolas
Mencións
Enoloxía
Interese académico, científico e profesional
Título de grao único no Sistema Universitario de Galicia.
Itinerarios formativos compartidos con Enxeñaría Agraria e Ciencias Ambientais que ofrecen a posibilidade de obter dous títulos de grao en áreas de coñecemento afíns combinando materias.
Posición Xangai Ranking / Academic Ranking of World Universities 2020: Posto 15 do mundo
Inserción laboral
Ámbito profesional
- Desenvolvemento e innovación de procesos e produtos alimentarios
- Xestión e control de calidade de procesos e produtos alimentarios
- Seguridade alimentaria
- Asesoría legal, científica e técnica alimentaria
- Lexislación e normalización alimentaria
- Comercialización e mercadotecnia de alimentos.
- Servizos de nutrición e dietética
Ocupación
- Biotecnólogo de alimentos.
- Técnico de industria alimentaria
- Encargado de produción e de elaboración de novos produtos e procesos alimentarios
- Dirección e control da produción industrial de alimentos
- Técnico de laboratorio de servizo alimentario
- Técnico en análise de alimentos e sensorial
- Técnico de control de calidade do alimento
- Inspector, auditor de calidade alimentaria
- Enólogo