Liña de especialización CAMPUS AUGA

  • Xestión da Auga Termal

MENCIÓNS

Sistemas de Información Intelixentes (SII)

INTERESE ACADÉMICO, CIENTÍFICO E PROFESIONAL

Trátase dunha titulación interuniversitaria no Sistema Universitario de Galicia, de catro cursos (240 ECTS), na que as materias dos dous primeiros cursos son comúns ás tres universidades (A Coruña, Santiago e Vigo). En terceiro e cuarto, na Universidade de Vigo desenvolvemos a orientación en Sistemas de Información Intelixentes (SII).

Nesta mención, o estudantado graduado adquirirá un perfil que capacita para o deseño, desenvolvemento e aplicación de técnicas e tecnoloxías baseadas en aprendizaxe e razoamento automático, Big Data, procesamiento da linguaxe natural, e interacción e percepción en tempo real para o desenvolvemento de SII.