O Programa axuda ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense, ao coñecemento da súa realidade, así como á especialización do Campus de Ourense – Campus Auga. Ten por obxecto o financiamento de proxectos de interese, cuxas temáticas estean relacionadas cos ámbitos socioeconómicos característicos da provincia, como poden ser a agricultura e a gandaría, a xestión integral e aproveitamento dos recursos hídricos, o turismo, ou aquelas outras que xustifiquen adecuadamente a súa vinculación co espírito do Programa e coa especialización do Campus Auga. 

Para garantir a colaboración entre os distintos ámbitos de coñecemento que integran o foco de especialización do Campus Auga, os proxectos financiados deben consistir nunha proposta coordinada formada, como mínimo, por dous subproxectos, e, polo menos, a participación de dous ámbitos de coñecemento, independentemente do número de subproxectos que o conformen. Cada un destes, terá asignado un investigador ou investigadora principal mais outra persoa en coordinación.

2020. ÚLTIMA EDICIÓN PUBLICADA DO INOU

Para descargar o PDF facer clic na portada

Publicacións dos proxectos financiados