O mapa de titulacións do Campus Auga consiste nunha oferta académica actualizada e de calidade integrada por 8 títulos de grao, 4 títulos de máster e 5 programas de doutoramento. Este conxunto de estudos representan a excelencia da docencia relacionada coa temática da auga.
Partindo do noso obxectivo de especializar a oferta académica en relación a un dos recursos esenciais na actualidade, como é a auga, promovemos a creación dun título de carácter único no Sistema Universitario de Galicia:
- O Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento, considerado como unha das actuacións estratéxicas do Campus Auga, implantado no curso académico 2017/2018.
Os títulos de grao, máster e doutoramento están vinculados coas liñas de especialización do Campus Auga, categorizándose por afinidade, atendendo ás áreas temáticas da súa actividade formativa e aos ámbitos de desempeño profesional.