O turismo consolidouse como un dos sectores máis relevantes desde o punto de vista económico e social a nivel mundial. No contexto das disciplinas de carácter social, o turismo é un obxecto de coñecemento interdisciplinar que alcanza un amplo abano de actividades desenvolvidas por empresas privadas e institucións públicas, con impacto sobre a vida das persoas, tanto residentes como visitantes.
Liñas DE especialización CAMPUS AUGA
- Xestión da Auga Termal
Interese académico, científico e profesional
Este programa de doutoramento XUNTA dúas singularidades que o fan especialmente atractivo: a participación de 12 universidades españolas cunha dilatada traxectoria nos estudos turísticos, creando sinerxías e estímulos para o estudantado; e o carácter interdisciplinar coa implicación activa de numerosas áreas de coñecemento que contribúen a enriquecer o programa a través dunha variada oferta de liñas de investigación.