Nos últimos anos as solucións que inclúen os denominados “Sistemas Software Intelixentes” e a “adaptabilidad” adquiriron unha crecente importancia dentro das solucións que se ofrecen aos problemas reais da nova Sociedade da Información.

En particular cabe destacar a presenza de novas liñas de investigación e transferencia á sociedade baseadas no que podemos denominar como Obxectos Intelixentes (presentes en áreas como a Bioinformática, telefonía, Smart Road, Smart Grid, xogos, simulación…) e cuxo funcionamento non tería sentido sen os contidos que se ofertan na proposta de formación do programa ao estudantado, cun poder de transferencia ao tecido empresarial (particularmente ao galego) que se pon de manifesto nos proxectos realizados polos grupos de investigación que sustentan a proposta.

LiñA DE especialización CAMPUS AUGA

  • Área de Soporte