Son premios de investigación, transferencia, innovación educativa e divulgación científica dotados cun orzamento de case 9000 euros. Os galardóns teñen a finalidade de recoñecer e estimular accións relevantes nos eidos que contribúan á promoción do Campus Auga.
Están financiados a través dos convenios que ten a UVigo coa empresa Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia SAU e tamén coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para financiar o Campus Auga.
Modalidades de premio
Convócanse 13 premios nas seguintes cinco categorías, unha por liña de especialización (salvo a divulgación científica, que reparte un só premio):
- Premios ao TFG/TFM máis destacado
- Premios de investigación á Tese de Doutoramento
- Premios de investigación á mellor contribución científica
- Premios ao mellor resultado de transferencia
- Premio a accións ou actividades de divulgación científica.
Resolucións de premios

