Presentación de candidaturas ao V Premio Campus Auga

Abrir

Dentro da política de impulso e fomento do proxecto de especialización do Campus de Ourense como Campus Auga, convócase a quinta edición dos Premios Campus Auga en temáticas relacionadas coa auga, coa finalidade de recoñecer e estimular accións relevantes nestes eidos, que contribúan á promoción do Campus de Ourense – Campus Auga. A dotación económica destes premios é proporcionada pola empresa Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U., conforme ao Convenio Marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia SAU, asinado o día 14 de outubro de 2021.

Neste sentido, a Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus Auga convoca a quinta edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo,  podéndose presentar candidaturas até o 15 de decembro de 2022.