IV Simposio de Termalismo e Calidade de Vida

Durante os días 15, 16 e 17 de setembro terá lugar o IV Simposio de Termalismo e Calidade de Vida STCV 2021, en Expourense.

As persoas interesadas en asistir, presencial ou telematicamente, poden enviar un correo electrónico ao enderezo stcv2021@uvigo.gal, indicando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • Facultade/Escola
  • Tipo de asistencia que solicita (presencial ou telemática)
  • Enderezo electrónico de contacto
  • Teléfono de contacto

Nese enderezo poderán tamén resolver calquera dúbida en relación ao dito Simposio.