O Máster Interuniversitario en Xestión Sostible da Auga enmárcase dentro do catálogo de novas titulacións G2030 do Sistema Universitario de Galicia (SUG), identificadas como indispensables para a formación de perfís profesionais de futuro que permitan dar resposta ás necesidades e esixencias sociais e laborais dos próximos anos e situar á sociedade galega nunha mellor posición para afrontar os seus retos de futuro.

O Máster Interuniversitario en Xestión Sostible da Auga preséntase como un mestrado oficial conxunto impartido pola ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos de A Coruña (UDC), a ETS de Enxeñaría de Santiago (USC) e a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo (UVIGO). O programa de estudos consta de 90 ECTS a desenvolver en tres cuadrimestres. Os contidos formativos están organizados en 6 módulos temáticos:

  • Módulo 1: Gobernanza da auga. 9 ECTS
  • Módulo 2: Auga Urbana. 9 ECTS
  • Módulo 3: Enxeñaría de procesos. 12 ECTS
  • Módulo 4: Xestión dos Recursos Hídricos. 21 ECTS
  • Módulo 5: Análise de Datos. 9 ECTS
  • Módulo 6: Prácticas Externas e Traballo Fin de Máster. 12 + 18 ECTS

ámbitos de coñecemento

  • Arquitectura
  • Construción
  • Edificación e urbanismo
  • Enxeñaría civil

Interese académico, científico e profesional

Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga pola Universidade de A Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo

Ámbito de coñecemento: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo e enxeñaría civil

Centro onde se imparte: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Tipo de ensino: Presencial. Debido ao seu carácter interuniversitario, a actividade docente terá lugar nun centro e ao mesmo tempo de forma virtual noutro. As universidades participantes porán medios a disposición dos alumnos para que o ensino sexa estritamente presencial cando isto sexa necesario (docencia de carácter práctico/experimental).

Núm. de prazas de novo ingreso ofertadas: 10 prazas por cada unha das universidades

Idiomas nos que se imparte o título: Galego e Castelán

Núm. de créditos ECTS: 90 (36 Obrigatorios / 24 Optativos / 12 Prácticas / 18 TFM)

Coordinador/a do título: María Araújo Fernández

Contacto: maraujo@uvigo.gal