Perfil do programa de estudos

O turismo de saúde é un sector de alta rendabilidade e que actualmente se estende cada vez máis, o que está a demandar profesionais capacitados para o desenvolvemento de actividades nas que se procura experiencias persoais orientadas a mellorar o benestar, e elevar a calidade de vida dos usuarios.

Ámbito profesional

As persoas especialistas en Termalismo e Spa estarán capacitadas para prestar servizos diferenciados en estancias termais e en SPAs, así como para desenvolver un perfil específico na promoción de liñas de investigación vencelladas coa salutogenesis pola auga.

Modalidade de estudo

  • Mixta (presencial e virtual)
  • Duración: 360 horas.
    • Docencia teórica virtual: 180 horas
    • Traballo fin de especialización: 90 horas
    • Prácticas en empresa: 90 horas

Centros colaboradores de prácticas:

  • Escola de Enfermaría de Ourense (Sergas)
  • BeOne Ourense
  • Fundación Neuroburgas
  • Balneario Baños de Molgas
  • Balneario de Cortegada
  • Termas de Outariz
  • Termas de Prexigueiro
  • Talaso Atlántico

Perfil de ingreso

  • Persoas graduadas universitarias interesadas en obter unha capacitación especializada en termalismo e hidroterapia
  • Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e que acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional