O IV Congreso Internacional da auga é o punto de encontro para xerar e transferir coñecemento sobre aspectos significativos relacionados coa auga. Nesta ocasión analizaremos a auga como recurso natural, a súa xestión e uso sostible, abordándose retos específicos da gobernanza da auga no marco dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030, desde unha perspectiva xurídica interdisciplinar. Entre outros temas, traballaremos sobre o acceso á auga e o saneamento como dereitos indispensables para unha vida humana digna, medidas para combater a contaminación e o quecemento global, a xestión sostible da auga, os seus usos e boas prácticas, a planificación hidrográfica ou a fiscalidade.
Para facilitar a participación de investigadores e profesionais, o Congreso estruturouse en dúas sesións consecutivas de 6 horas ao redor de tres bloques temáticos:
- Panel 1: Dereito á auga
- Panel 2: Auga e Sustentabilidade
- Panel 3: Xestión da auga
PREZO E INSCRICIÓN:
Vistar esta páxina: http://congresodaauga.webs.uvigo.es/inscricion/
INFO:
Para toda a información, programa completo etc., esta é a páxina web do Congreso