Son os premios de investigación, transferencia, innovación educativa e divulgación científica do Campus Auga. Teñen a finalidade de recoñecer e estimular accións relevantes nestes eidos, que contribúan á promoción do Campus Auga. A empresa Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia SAU dota economicamente estes premios, conforme Convenio Marco de colaboración entre esta e a Universidade de Vigo.

Modalidades de premio

Convócanse cinco categorías:

  • Premio ao TFG/TFM mais destacado
  • Premio de investigación á Tese de Doutoramento
  • Premio de investigación á mellor contribución científica
  • Premio ao mellor resultado de transferencia
  • Premio a accións ou actividades de divulgación científica.

Resolucións de premios

Foto de familia dos Premios Campus da Auga 2022. Abaixo, os seis galardoados nesa convocatoria