Unhas xornadas afondarán no financiamento europeo para o período 2021-2027

O persoal investigador poderá coñecer como mellorar as súas propostas aos programas da UE

A iniciativa está promovida polo Campus Auga e coordinada pola Oficina de Proxectos Internacionais

Os días 16 e 17 de decembro celebrarase, de xeito virtual debido á situación sanitaria provocada pola covid-19, unhas Xornadas Técnicas sobre Financiamento Europeo 2021-2027. Trátase dunha iniciativa promovida polo Campus Auga, proxecto de especialización do campus de Ourense, e coordinada pola Oficina de Proxectos Internacionais da Universidade de Vigo. Nela, as e os investigadores interesados poderán coñecer as características deste financiamento e dos seus programas e tamén como mellorar as propostas que poidan presentar a eles.

Ler a nova completa no DUVI