A Universidade de Vigo formará especialistas en termalismo e spa

Comezará a impartirse en xaneiro de 2020

María Reyes Pérez, María José Alves, Adilia Maria Pires, Olivia Pereira e Esther de Blas
María Reyes Pérez, María José Alves, Adilia Maria Pires, Olivia Pereira e Esther de Blas

A cualificación e especialización de técnicos de saúde superiores para a prestación de servizos diferenciados en balnearios e spas, pero tamén para o desenvolvemento dunha liña de investigación relacionada coa salutoxénese pola auga. Con este obxectivo presentouse este venres no campus de Ourense o novo Curso de Especialista en Termalismo e Spa, promovido polo Campus da Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense, e a Escola Superior de Saúde do Instituto Politécnico de Bragança

Na súa  presentación, Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense, salientou como esta iniciativa supón “un avance na nosa proposta de especialización do Campus da Auga que ademais nos permite avanzar na colaboración co noso país veciño, Portugal”. A vicerreitora tivo palabras de agradecemento para todas as persoas que contribuíron dun xeito ou doutro ao desenvolvemento deste curso transfronteirizo. María Reyes Pérez, directora do curso pola parte ourensá xunto a Elena Falqué, indicou como “este título naceu polo convite dos socios portugueses e agardamos que resulte satisfactorio e se apunte moita xente”. A profesora indicou como “hai moito interese por parte das empresas e das institucións que rodean ao termalismo en participar e colaborar nesta nova formación” pois, advertiu, na formación relacionada co termalismo existente faltaba a referida ao ámbito da saúde.

Ler a noticia completa no DUVI