Seis estudos e unha iniciativa gañan os II Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus da Auga

Os galardóns están dotados en total con 3600 euros por Viaqua

A Vicerreitoría do Campus de Ourense fixo público este luns o nome das e dos gañadores dos II Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus da Auga. Nesta edición concedéronse cinco premios e dous accésits a seis estudos e unha iniciativa de persoal docente e investigador e alumnado da Universidade de Vigo. Os galardóns, que se entregarán nunha gala que se celebrará xa en 2020, están dotados en total con 3600 euros por Viaqua no marco do convenio de colaboración existente entre esta empresa e a Universidade de Vigo.

Ler a noticia completa no DUVI