A primeira tese do Campus da Auga avanza no coñecemento dos principais mecanismos de transporte de humidade

O estudo foi defendido este luns de xeito telemático

A tese centrouse no estudo dos chamados chorros de baixo nivel e os ríos atmosféricos

No marco do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, no ano 2017 botou a andar o seu primeiro produto académico, o Programa de Doutoramento de Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento. Este luns, o investigador do Grupo Ephyslab da Universidade de Vigo Iago Algarra defendeu, de xeito telemático, a primeira tese de doutoramento feita no marco deste programa. Nela avanza no coñecemento dos principais mecanismos de transporte de humidade no planeta e no vínculo entre eles.

Ler a noticia completa no DUVI