Laboratorios

  • Laboratorio de Nutrición e Bromatoloxía
  • Laboratorio de Tecnoloxía de Alimentos
  • Laboratorio de Edafoloxía e Química Agrícola
  • Laboratorio de Valorización de Biomasa
  • Laboratorio de Biotecnoloxía Industrial e Enxeñería Ambiental
  • Laboratorio Común de Hidroloxía
  • Laboratorio de Física Aplicada (Física da Terra)
  • Laboratorio de Historia, Arte e Xeografía (Arqueoloxía)
  • Laboratorio de Informática (Linguaxe e Sistemas Informáticos)
  • Laboratorio de Informática Aplicada

A asignación destes espazos foi realizada mediante convocatoria publicada no ano 2017 e por un período inicial de tres anos a grupos de investigación adscritos ao Campus Auga.

Equipos singulares

Co obxectivo de aumentar as capacidades dos investigadores e investigadoras do Campus Auga e ofrecer ademais servizos externos de investigación singular, o Campus Auga conseguiu financiamento para adquirir e incorporar aos seus Laboratorios do Edificio do Campus Auga os Equipamentos Singulares que a continuación se indican a través da Convocatoria 2018 de “Axudas para a adquisición de equipamento científico-técnico” do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades por un total de 2.271.995,96 €:

  • Equipamento para análise de Hg total en mostras líquidas mediante CV-AFS-AAS, e metil-Hg mediante HPLC-AFS. Este equipo permitiu aumentar considerablemente a capacidade de detección deste tipo de contaminantes de gran importancia en augas, chans e alimentos.
  • Sistema integrado de cromatografía líquida bidimensional axustado a espectrometría de mobilidade iónica e alta resolución, que amplía a potencia de análise de contaminantes orgánicos traza en augas, chans e alimentos.
  • Planta piloto de industria alimentaria, que permite abordar actividades de investigación aplicada en diversos procesos da industria alimentaria, e, en especial, actividades de transferencia ao sector.
  • Reactor tipo steam explosion para tratamento de biomasa lignocelulósica, que permite o desenvolvemento de procesos de valorización de residuos agrícolas a escala piloto
  • Equipo de tomografía computerizada de raios X de gran formato e alta resolución, que permite a análise non destrutiva de microestruturas de sólidos de diversa índole e, de forma particular, o estudo do comportamento das augas nos chans de cultivo e dos fenómenos básicos que subxacen aos procesos a macroescala.