O Campus Auga promove actividades docentes, investigadoras e de transferencia de coñecemento en temáticas da auga, xerando sinerxias e liñas de actuación conxuntas entre persoal investigador, implicando axentes sociais e económicos, así como Administracións Públicas, para convertelos en socios estratéxicos.

Este esforzo continuado fai do Campus Auga un foco de especialización multidisciplinar e un referente internacional nas actividades que realizamos e, en xeral, nas temáticas relacionadas coa auga.

Obxectivos estratéxicos

Formación

Ofrecer unha formación avanzada e de calidade, cun número estable e elevado de estudantes, en disciplinas relacionadas coas temáticas da auga, que distingan ao Campus Auga a nivel rexional (eurorrexional), estatal e internacional.

Recoñecemento

Posicionarse como un referente rexional (eurorrexional), recoñecido internacionalmente en investigación multidisciplinar en temáticas de agroalim entación e auga termal.

Transferencia

Promover a transferencia de tecnoloxía e coñecemento científico cara a aplicacións prácticas que sexan útiles para as industrias e institucións locais, rexionais (eurorrexionais) e estatais.

Financiación

Procurar un nivel sustentable de financiamento en apoio ás liñas de orientación estratéxicas e propias do Campus Auga.