Proxectos Top-Down

Son proxectos institucionais plantexados dende os comités executivos dos clústers 1 e 2 e validados polo comité de dirección do Campus da Auga.

Proxecto RISC-MIÑO-LIMIA
Prevención e preparación fronte aos riscos de inundacións e sequías na Demarcación Hidrográfica Internacional do Miño-Limia.

OBXECTIVOS

O proxecto “RISC Miño-Limia” ten como obxectivo a preparación das concas internacionais dos ríos Miño e Limia fronte a fenómenos extremos, así como a prevención dos mesmos, todo iso co ánimo de mellorar na xestión dos recursos naturais tendo en conta a necesaria adaptación ao cambio climático.

Preténdese, polo tanto, contribuir a un mellor coñecemento da Demarcación Hidrográfica Internacional das cuncas dos ríos Miño e Limia, de acordo co principio de unidade de conca e co establecido na Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas, en relación coas demarcacións hidrográficas internacionais e os plans hidrolóxicos únicos.

SOCIOS

Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Axencia Portuguesa do Ambiente, Universidade de Vigo, Universidade do Porto.

DOCUMENTACIÓN

Protocolo de colaboración

Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal (INTERREG V A)

Visita a web do proxecto

 

Proxectos Bottom-Up

Propostas que se presenten polos/as investigadores/as do Campus da Auga e que sexan susceptibles de ser elixidas como proxectos institucionais conforme ao establecido no programa IPICA.