Tipoloxía de Proxectos

Os proxectos IPICA obxecto desta convocatoria poderán ser proxectos de investigación básica, desenvolvemento ou de innovación e deberán estar aliñados con algunha das 6 áreas de especialización definidas no Plan estratéxico do Campus da Auga: Xestión da auga como recurso, Alimentación, Innovación Social e Educativa, Medioambiente, Tecnoloxía Informática e Turismo.

¿Qué ofrece o programa?

O programa permitirá apoiar proxectos co fin de obter financiamento específico para o seu desenvolvemento.

Soporte:

  • Asesoramento especializado na procura de fondos para financiar o proxecto.
  • Contacto a nivel institucional con entidades na procura de financiamento.
  • Apoio na redacción da proposta que concorra ás convocatorias seleccionadas.

Investimento:

  • Asunción, se fose necesario, e sempre supeditado á dispoñibilidade orzamentaria, dos gastos da preparación da proposta.

Seguimento:

  • Apoio ao proxecto, dende a solicitude ata a xustificación.

Criterios de elixibilidade

Os proxectos serán seleccionados en base aos obxectivos marcados no Plan estratéxico do Campus da Auga. Os proxectos seleccionados dentro do programa IPICA terán que cumprir os seguintes requisitos:

  1. Proxectos de relevancia en temáticas da auga.
  2. Proxectos multidisciplinares e con suficiente masa crítica.

Non serán obxecto desta convocatoria ideas de proxectos individuais. Só se terán en conta os proxectos individuais cando o persoal investigador responsable da proposta estea disposto a colaborar con outros grupos de investigación do mesmo e/ou outros ámbitos científicos e así o faga constar na súa solicitude de proxecto.

Criterios de selección

Os proxectos que cumpran cos criterios de elixibilidade serán avaliados seguindo os seguintes criterios de selección:

  1. Grao de innovación da solución proposta.
  2. Potencial para xerar retornos económicos, que poidan mellorar o financiamento rexional, estatal e internacional do Campus da Auga.

Non serán obxecto desta convocatoria ideas de proxectos individuais. Só se terán en conta os proxectos individuais cando o persoal investigador responsable da proposta estea disposto a colaborar con outros grupos de investigación do mesmo e/ou outros ámbitos científicos e así o faga constar na súa solicitude de proxecto.

Convocatoria

A convocatoria para participar neste programa estará sempre aberta.

Solicitudes

  • Só se admitirán a trámite as propostas que cumpran cos criterios de elixibilidade.
  • Todos os proxectos deberán presentarse a través do Negociado de Apoio á Investigación do Campus de Ourense e remitidos ao correo electrónico: vic.investigacion.ou@uvigo.es.

Os interesados en presentar unha solicitude ou recibir información deberán contactar co Negociado de Apoio á Investigación do Campus de Ourense, a través do correo electrónico vic.investigacion.ou@uvigo.es ou no telefóno 988 368 880.