En concordancia co Campus da Auga, CITACA sitúa a auga como eixo primordial que conecta todas as etapas do ciclo produtivo de alimentos, considerando o aproveitamento dos residuos xerados en cada etapa, a súa relación co medio ambiente, e a calidade da auga como recurso vulnerable.”

A Agrupación Estratéxica CITACA (Clúster de Investigación e Transferencia Agroalimentaria do Campus da Auga) xorde como iniciativa bottom-up a partir dun dos clúster I+D do Campus da Auga (Clúster 1 “Alimentación, Medio e TIC´s”), que aglutina a varios grupos radicados na Facultade de Ciencias do campus de Ourense da Universidade de Vigo que viñan colaborando desde facía varios anos dentro das áreas de especialización de alimentación e medioambiente en distintas actividades de investigación relacionadas cos solos agrícolas, a industria de transformación de alimentos, a valorización dos subprodutos desta actividade e a calidade e seguridade alimentaria, e a un grupo da Escola de Enxeñaría Informática que, desde a área de especialización das TIC’s, tamén realizara traballos colaborativos con algúns dos investigadores dos grupos antes mencionados.

Ademáis participa un grupo da Universidade de Santiago de Compostela que traballa na avaliación de riscos ambientais e modelización da transferencia de contaminantes entre diferentes matrices, así como un grupo da Facultade de Química no Campus de Vigo, experto en ferramentas avanzadas de síntese, análise estrutural e modelización química que se consideraron relevantes como complementos transversais en varias liñas de traballo.

Visita a web de CITACA