No Campus de Ourense existen un total de 86 grupos de investigación de diversos ámbitos, dos cales 50 posúen un investigador principal (IP) en Ourense, os cales se engloban en 2 grandes clústeres de I+D. Este feito presenta unha gran oportunidade para desenvolver proxectos de investigación multidisciplinares.

 

O Campus da Auga debe establecerse como un líder rexional (eurorrexional) e unha organización de investigación multidisciplinar recoñecida internacionalmente en temáticas relacionadas coa auga.

 

As metas principais desta liña de orientación estratéxica son:

  • O establecemento de proxectos multidisciplinares de relevancia en temáticas da auga que poidan potenciar o financiamento rexional, estatal e internacional dispoñible.
  • A atracción de socios de investigación internacionais que incrementarán a visibilidade do Campus na comunidade investigadora internacional.
  • O aumento de publicacións en revistas científicas internacionais, especialmente os realizados en coautoría, dentro das áreas de especialización do Campus da Auga.
  • A conexión entre a investigación realizada polos grupos do Campus da Auga e o estudantado do programa de doutoramento do Campus da Auga.