‘Nature Communications’ publica un artigo de Ephyslab que conclúe que o cambio climático está incrementando a humidade dos ríos atmosféricos

O traballo forma parte da primeira tese presentada no programa de doutoramento do Campus da Auga

Gráfica da bsorción de humidade anómala dos eventos de ríos atmosféricos que tocaron terra entre 1980 e 2017

A revista científica Nature Communications publicou este xoves un artigo liderado por investigadores do Grupo Ephyslab da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) no que se indica que a humidade dos ríos atmosféricos está aumentando un 7% por cada grao de incremento da temperatura global do planeta. O texto é froito dun estudo realizado sobre o período temporal 1980-2017 e o seus resultados “revelan un aumento moi importante e significativo da cantidade de humidade dende as rexións que achegan a auga precipitable que será transportada cara os continentes polos chamados ríos atmosféricos”.

Ler a nova completa no DUVI