I Curso de Especialista en Termalismo e Spa

O aumento da procura do turismo de saúde é un fenómeno de alta rendibilidade que se estende cada vez máis entre quen procura mellorar o seu benestar e a calidade de vida. Esta posgraduación transfronteiriza está dirixida a ofertarlles coidados de saúde e de benestar a través da auga a graduados e graduadas en ciencias da saúde (enfermeiros/as, fisioterapeutas, médicos/as, psicólogos/as, farmacéuticos/as, terapeutas ocupacionais, nutricionistas etc.).

A duración é de 540 horas, das cales 270 son prácticas.

Destinatarias/os
Persoas interesadas no termalismo e a hidroterapia que posúan unha titulación académica nalgún dos seguintes graos: enfermería, mediciña, fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía, farmacia, química, bioloxía, nutrición, gerontoloxía, podoloxía e outras áreas relacionadas.

Condicións de acceso
Titulados universitarios de grao, licenciatura e diplomatura ou profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e acrediten un mínimo de tres anos de experiencia profesional.

Programa

– CALIDADE DA AUGA, HIXIENE E SEGURIDADE: Hidroloxía e perímetros de protección. Características microbiolóxicas e químicas da auga. Control de instalacións.

– HACCP.

– AUGA XERADORA DE VALOR: Produtos, calidade e comercialización.

– LEXISLACIÓN E REGULAMENTACIÓN: Lexislación e réxime xurídico.

– INNOVACIÓN EN TERMALISMO E SPA: Novas aplicacións do termalismo e a hidroterapia para a saúde.

– TÉCNICAS HIDROTERÁPICAS: Identificar e comprender as principais técnicas aplicadas en balnearios e spas.

– SAÚDE POLA AUGA: Introdución ás patoloxías máis comúns.

– ESTANCIAS PRÁCTICAS EN INSTITUCIÓNS: Prácticas en institucións e empresas.

Horario de docencia

– Xoves, de 16:00 a 20:00

– Venres, de 16:00 a 20:00

– Sábado, de 9:30 a 13:30, e de 15:00 a 19:00

 

Máis información e matrícula en bubela.uvigo.es