Convocatoria ISEP curso 2021/2022

  • Categoría: Bolsas
  • Tipo: Mobilidade estudantes
  • Publicador: Oficina de Relacións Internacionais
  • Fecha inicio: 28/11/2020
  • Fecha fin: 23/12/2020

Programa de Captación de Talento da Universidade de Vigo para Centro Ibérico Agroalimentario, 2020

  • Categoría: Investigar
  • Tipo: Recursos Humanos
  • Publicador: Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
  • Fecha inicio: 26/11/2020
  • Fecha fin: 24/12/2020

A presente convocatoria ten como obxecto a realización dun proceso selectivo para a contratación a tempo parcial na modalidade de investigador/a distinguido/a dunha persoa como director/a científico/a para a creación dun Centro Ibérico Agroalimentario na Universidade de Vigo.

O programa ofrece un contrato de dous anos de duración na modalidade de investigador/a distinguido/a prevista no artigo 23 da Lei 14/2011, de 11 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.

O salario bruto anual fixarase segundo o nivel curricular das persoas contratadas e estará en liña co das diversas categorías de profesorado universitario. 

Unha vez transcorridos os 2 primeiros anos de contrato, poderá promoverse a renovación del, por períodos adicionais de 2 anos de duración, sempre que se supere satisfactoriamente o pertinente proceso de avaliación de resultados e sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan.

PROXECTOS DE I+D+i XERACIÓN COÑECEMENTO E RETOS 2020

  • Categoría: Investigar
  • Tipo: Proxectos
  • Publicador: Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
  • Fecha inicio: 26/11/2020
  • Fecha fin: 17/12/2020

A convocatoria ten por obxecto financiar a execución de «Proxectos de I+D+i», no marco do Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i e do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade, do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020.

Dentro das modalidades indicadas, os proxectos poderán ser de dous tipos,dependendo do perfil da persoa que lidere o equipo de investigación:

  1. Proxectos tipo A, liderados por xoves investigadores o investigadoras. Na modalidadede proxectos «Retos Investigación», incluense os proxectos para xoves sen vinculación ou con vinculación temporal.
  2. Proxectos tipo B, liderados por investigadores o investigadoras consolidadas. Na modalidade «Retos Investigación» incluense os proxectos tipo RTA, encuadrados no ámbito do reto 2 (Bioeconomía: sostenibilidade dos sistemas de produción primaria e forestais, seguridade y calidade alimentaria,investigación marina e marítima e bioproductos), para as institucións e obxetivos que, ata a entrada en vigor do Plan Estatal, foron xestionados no sistemaINIA-CCAA.

PRAZO INTERNO ENVÍO DE SOLICITUDES AO SERVIZO DE INVESTIGACIÓN 10 de decembro 2020

ANTICIPO DE FINANCIAMENTO ESTRUTURAL A GRUPOS DE TRAXECTORIA DESTACADA PARA O ANO 2021

  • Categoría: Investigar
  • Tipo: Grupos de investigación
  • Publicador: Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
  • Fecha inicio: 25/11/2020
  • Fecha fin: 28/12/2020

A presente convocatoria ten como obxectivo facilitar a dispoñibilidade de recursos económicos continuados e estables para o desenvolvemento da actividade dos grupos de investigación da Universidade de Vigo, contribuíndo así a minimizar as interrupcións no financiamento ocasionadas por retrasos na resolución de convocatorias competitivas externas. Este financiamento proporcionarase na modalidade de anticipo, que será reintegrado polos grupos de investigación con cargo aos fondos propios captados, nomeadamente o aval do seu programa-soporte.

III Premios de Investigacion, Transferencia e Divulgación Científica do Campus da Auga 2020

  • Categoría: Investigar
  • Tipo: Outras actividades
  • Publicador: Vicerreitoría do Campus de Ourense
  • Fecha inicio: 02/11/2020
  • Fecha fin: 11/01/2021

A Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus da Auga da Universidade de Vigo considera importante, para estimular a promoción do Campus da Auga, premiar accións destacadas no ámbito da investigación, transferencia, e a divulgación científica, que contribúan a situar e consolidar o Campus de Ourense como un referente internacional en temáticas relacionadas coa auga. 

Neste senso, a convocatoria ten por obxecto regular o procedemento para recoñecer, difundir e premiar traballos e accións de investigación, transferencia, e divulgación científica, relativas ás temáticas da auga, que resulten de interese para o desenvolvemento e promoción do Campus Auga.

  • Premios de investigación e transferencia.
  • Premios de divulgación científica

Os premios que se convocan son cinco, nas seguintes modalidades:

  • Premio ao TFG/TFM mais destacado.
  • Premio de investigación a teses doutorais.
  • Premio de investigación á mellor contribución científica.
  • Premio ao mellor resultado de transferencia.
  • Premio a accións ou actividades de divulgación científica.