Entre os turistas sénior, os que van a balnearios amosan un maior nivel de satisfacción coa vida

O estudo céntrase na percepción deste colectivo en Galicia e Norte de Portugal

A investigación centrouse en balnearios e estancias termais de Galicia e Norte de Portugal. Foto: Hotel Termas de Monção

Na súa tese de doutoramento, a investigadora lusa María Carlos Lopes analizou a calidade de vida percibida por turistas maiores de “estâncias termais” no Norte de Portugal e balnearios termais en Galicia. Tras realizar case un milleiro de enquisas concluíu que este colectivo ten “maiores niveis de satisfacción xeral coa vida” que os turistas sénior doutro tipo de turismo. O estudo foi realizado no marco do Programa de Doutoramento de Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus Auga.

Ler a nova completa no DUVI