Axudas propias para o desenvolvemento e consolidación de EBTs da Universidade de Vigo nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra para o ano 2020

  • Category: Investigar
  • Type: Transferencia
  • Publisher: Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
  • Start datetime: 19/10/2020
  • End datetime: 18/11/2020

A finalidade desta convocatoria é a concesión, en función da dispoñibilidade orzamentaria e en concorrencia competitiva, de subvencións para fomentar a creación e desenvolvemento das Empresas de Base Tecnolóxica (EBTs) da Universidade de Vigo xurdidas en calquera ámbito de coñecemento, mediante o financiamento, nos termos previstos nesta convocatoria dos gastos que lles supoña a súa instalación nalgún dos seguintes espazos dispoñibles (máis información no Anexo 2):

-Edificio CITEXVI, Rúa Fonte das Abelleiras, s/n, Campus Universitario de Vigo, 36310, Vigo, Pontevedra

-Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Ourense, rúa Padre Feijóo 1-A, 32005 Ourense

-Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Pontevedra, rúa García Camba 8, 36001 Pontevedra

Premios INCUVI-EMPRENDE 2020/2021

  • Category: Bolsas
  • Type: Premios
  • Publisher: Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
  • Start datetime: 16/10/2020
  • End datetime: 30/10/2020

Obxecto:

Apoiar as ideas emprendedoras que xurdan entre o alumnado e persoas recentemente tituladas pola Universidade de Vigo co fin de fomentar o espírito emprendedor e impulsar as habilidades e competencias emprendedoras entre a comunidade universitaria.

Axuda:

Consiste na formación e titorización do equipo emprendedor durante un período de preincubación de 7 meses. Estas accións irán encamiñadas a elaborar un modelo de negocio das ideas presentadas

 

Premios:

O número máximo de proxectos seleccionados será 12. Poderán desenvolverse en calquera dos tres campus da Universidade de Vigo (Ourense, Pontevedra ou Vigo) e abranguer todos os ámbitos de coñecemento: tecnolóxico, científico, xurídico-social e humanidades

Nota informativa:

Poden participar nos equipos emprendedores PDI e PAS con titulación universitaria da Universidade de Vigo, que en ningún caso constarán como titulares da axuda.

 

Premios INCUVI-AVANZA, 2020

  • Category: Bolsas
  • Type: Premios
  • Publisher: Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
  • Start datetime: 16/10/2020
  • End datetime: 30/10/2020

Obxecto:

Axuda a persoas que contribúa á consolidación de proxectos emprendedores viables, nacidos ou desenvolvidos na Universidade de Vigo e promovidos por estudantes ou persoas recentemente tituladas na mesma

A axuda consiste en:

1. Axuda en especie:

a)Formación: Os equipos emprendedores recibirán formación dirixida a validación dos seus modelos de negocio, prototipación e  marketing ó longo dos 6 primeiros meses do programa (Xaneiro-Xuño 2021).

b)Mentorización: contarán cun equipo de mentores/as que asesorarán os proxectos ó longo dun período comprendido entre 6 y 10 meses (febreiro- novembro 2021).

Para os servizos de formación e mentorización, que poderán facerse tanto de xeito presencial como en liña, a Universidade de Vigo realizará a contratación dunha entidade externa someténdose á Lei de Contratos do Sector Público segundo establece a disposición quinta da Lei Xeral de Subvencións, por un custo máximo de 1.500 € por proxecto.

2. Achega económica máxima de 1.000 € por proxecto para facer fronte a custos de prototipación ou demo dun produto ou servizo que forme parte da iniciativa emprendedora. Os custos a subvencionar son:

    • Adquisición de equipamento e material instrumental necesarios para construír o prototipo do produto/servizo final.
    • Calquera outro que a universidade considere relevante para testar determinados atributos do servizo ou produto presentado como parte do proxecto emprendedor.

Programa de bolsas-prácticas Fundación ONCE-CRUE

  • Category: Bolsas
  • Type: Bolsa de formación
  • Publisher: Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
  • Start datetime: 06/10/2020
  • End datetime: 30/11/2020

Obxecto:

Facilitar o desenvolvemento de prácticas académicas externas dirixidas a alumnado universitario con discapacidade promovendo así a mellora da súa empregabilidade e futuro profesional

Duración:

O período de prácticas terán unha duración de 3 meses consecutivos, a realizar entre o 1 de febreiro e o 31 de outubro de 2021. Excepcionalmente por causas xustificadas poderán realizarse  ata o 31 de decembro do 2021. 

O horario será de 25 horas semanais 

Contía:

600 € euros brutos mensuais nos que se inclúe a cantidade precisa para o cumprimento das obrigas existentes en materia fiscal e coa seguridade social

 

 

Bolsa Inicio Máster persoas desempregadas, 2020/2021

  • Category: Bolsas
  • Type: Bolsa de estudo
  • Publisher: Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
  • Start datetime: 29/09/2020
  • End datetime: 28/10/2020

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial nas universidades galegas, curso 2020/2021

Programa “Becas Santander Progreso Covid-19”, curso 2020/2021

  • Category: Bolsas
  • Type: Bolsa de estudo
  • Publisher: Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
  • Start datetime: 18/09/2020
  • End datetime: 15/11/2020

Convócanse:

  • 1 bolsa para alumnado coa condición de vítima de violencia de xénero
  • 1 bolsa para alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33%
  • 8 bolsas de asignación xeral

A contía máxima de cada bolsa será de 1.000 €.

 

 

R.R. concesión directa de bolsa da Deputación de Pontevedra 2019-2020

  • Category: Bolsas
  • Type: Mobilidade estudantes
  • Publisher: Oficina de Relacións Internacionais

R.R. concesión de 9 de marzo de 2020 de concesión directa de bolsa a alumnado dos Campus de Pontevedra e Vigo que ten adxudicada unha bolsa ERASMUS+ Estudos ou unha Bolsa Propia no curso 2019-2020