Título de máster especializado en valoración, xestión e protección do patrimonio, que capacita para poder seleccionar e utilizar as ferramentas metodolóxicas que se aplican no deseño, execución e control de proxectos de valoración, xestión e/ou difusión do patrimonio cultural, tamén se entende como un período formativo para alcanzar o título de doutor, na procura por fomentar a investigación no campo da protección do patrimonio.

 

Área de Actividade Formativa

  • Principal: Xestión da Agua
  • Relacionada: Medioambiente

Interese Académico, Científico e Profesional

Oferta formativa única e innovadora que sintetiza competencias múltiples para capacitar a novos profesionais do patrimonio cultural.
Actualización continua do plan de estudos (reformas en 2018 e 2020, debidamente aprobadas polo Ministerio de Educación).

 

Inserción Laboral

Ámbito Profesional

  • Redacción de proxectos de intervención no patrimonio cultural de acordo coa lexislación reguladora específica
  • Catalogación do patrimonio cultural inmoble
  • Cartografía do patrimonio cultural
  • Análise, depurado e interpretación de información xeográfica, así como o seu almacenamento en bases de datos, en función de requisitos técnicos para o inventario e documentación dun proxecto de intervención
  • Prospección superficial do subsolo do patrimonio cultural inmoble
  • Avaliación e valoración dos aspectos multifactoriales do patrimonio cultural conforme a criterios de uso social

Ocupación

  • Técnico de xestión de recursos patrimoniais
  • Cartógrafo/a, especialista en tecnoloxías da información xeográfica
  • Documentalista

 

Máis información