Título de máster con dúas vertentes, 1. Enxeñería de Sistemas Aéreos non Tripulados (liderada por Universidade de Vigo); 2. Operación de Sistemas Aéreos non Tripulados (liderada por Universidade de Santiago de Compostela).
Título de máster único no Sistema Universitario de Galicia e do que non existen títulos similares en todo o noroeste peninsular, o que amplía o seu mercado potencial de estudantado a rexións como Asturias, Castela e León ou o Norte de Portugal. A aplicación dos Sistemas Aéreos non Tripulados (UAS) aos procesos existentes nos diferentes sectores de actividade como a agricultura, medioambiente, medio acuático, seguridade e emerxencias, obra civil, inspección e mantemento industrial, etc, está a permitir crear novos modelos de negocio neste sector en auxe a nivel mundial, e que segundo o plan estratéxico do sector do Ministerio de Fomento, prevese que siga crecendo e que no ano 2035 exista en España unha frota de uso profesional de 51.400 UAS. Cada un destes ámbitos de actividade identificados ten necesidades diferentes e como consecuencia necesita diversas solucións baseadas en UAS, así que de forma concreta os UAS poden contribuír a estes sectores en operacións como monitoraxe de cultivos, dispersión de pesticidas, xestión forestal, xestión do espazo acuático, vixilancia, provisión de datos xeoespaciais para medición de riscos, monitoraxe de obras, inspección de infraestruturas, etc.

 

Inserción Laboral

Ámbito Profesional

  • Enxeñería e operación de sistemas aéreos non tripulados
  • Utilización de sistemas aéreos non tripulados na observación, vixilancia e monitoraxe de recursos de terra e hídricos
  • Xestión de información xeorreferenciada

 

Máis información