Título de máster especializado na dirección e a planificación de empresas, actividades e institucións turísticas de interior e de saúde, que capacita tanto para a xestión de organismos turísticos, como para o deseño de novos produtos e paquetes turísticos, para a planificación de proxectos de desenvolvemento turístico, coa súa posterior aplicación e posta en marcha, así como para a investigación e o desenvolvemento do coñecemento no ámbito do turismo, permitindo analizar e comprender a evolución do turismo.

 

Área de Actividade Formativa

  • Principal: Xestión da Agua
  • Relacionada: Medioambiente

Especialidades

  • Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde

 

Interese Académico, Científico e Profesional

Título de máster único no Sistema Universitario Público Español que oferta a modalidade virtual de estudo.
Oferta 300 horas de prácticas en empresas e entidades entre as que se atopan as principais da provincia de Ourense no ámbito do turismo e turismo termal. (Egresados desta titulación están a xestionar Consorcios de Turismo (por exemplo o da Ribeira Sacra), grupos empresariais como OCA Hotels, Paradores de Turismo, xerencias de destinos turísticos como o da Coruña, servizos turísticos da Axencia de Turismo de Galicia, entre outros).
Coopera directamente coa Rede Intur (Rede Universitaria de Posgraos en Turismo, que integra a 29 universidades españolas que ofertan Másteres Oficiais de Turismo); Termatalia (Feira Internacional de Turismo Termal, con gran proxección especialmente en Iberoamérica); Axencia de Turismo de Galicia; Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico; Clúster de Turismo de Galicia; Asociación de Balnearios de Galicia.
Posición Ranking Shangai Jiao Tong e na Clasificación the Times entre os 400 mellores másteres. (http://www.universia.es/estudios/universidade-vigo/master-universitario-direccion-planificacion-turismo-interior-salud/st/171004).

 

Inserción Laboral

Ámbito Profesional

  • Xestión pública e privada do turismo
  • Turismo termal e de saúde
  • Turismo interior e rural
  • Turismo de natureza e ecoturismo
  • Dirección e xestión de empresas e actividades turísticas (especialidade Turismo Interior e de Saúde)
  • Aproveitamento de recursos turísticos. (Especialmente de interior e saúde)
  • Deseño, comercialización e promoción de produtos turísticos
  • Planificación de destinos turísticos e desenvolvemento sostible
  • Métodos para análises de turismo e influencia das novas tecnoloxías nos ámbitos de consumo

Ocupación

  • Dirección de empresas e actividades turísticas especialidade Turismo Interior e de Saúde
  • Responsable de planificación e xestión pública de destinos turísticos
  • Responsable de desenvolvemento de destinos turísticos
  • Responsable de márketing para produtos e actividades turísticas
  • Emprendemento de actividades turísticas
  • Especialista en xeoturismo
  • Formación e asesoramento no campo turístico
  • Investigación de mercados turísticos
  • Axente de desenvolvemento local

 

Máis información