Título de máster en temas relacionados co medio ambiente e os procesos involucrados nas industrias alimentarias, que proporciona formación para o desenvolvemento da actividade profesional no correcto manexo e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente, do que se obteñen as materias primas, como nos diversos elos da cadea alimentaria, incluíndo os últimos avances en procesado industrial ou biotecnoloxía, pasando pola calidade e seguridade alimentaria. Garantindo unha formación integral e multidisciplinar que permita desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como o desenvolvemento de novos produtos e a valorización dos que actualmente existen no mercado.

 

Área de Actividade Formativa

  • Principal: Medioambiente
  • Relacionada: Alimentación, Xestión da Agua

Especialidades

  • Ciencias Agrarias e Alimentarias
  • Ciencias Ambientais
  • Procesos na Industria Alimentaria

 

Interese Académico, Científico e Profesional

Título de máster único no Sistema Universitario de Galicia.
Título de máster que dá acceso ao Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria que obtivo a Mención cara á Excelencia por parta do MEC na súa última convocatoria, e do que forman parte os profesores que imparten docencia no máster.
Recoñecemento das tres especialidades do Máster no Shangai Ranking. Academic Ranking of World Universities. Global Ranking of Academic Subjects 2020: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos atópase posicionada entre as 75 mellores do mundo; Ciencias Agrícolas entre as 500 mellores do mundo; Ciencias da Terra entre as 500 mellores do mundo.

 

Inserción Laboral

Ámbito Profesional

  • Desenvolvemento do sector da produción ecolóxica e sostible mediante novas estratexias e procedementos que garantan a produción agroalimentaria e o desenvolvemento do binomio alimentación-saúde
  • Optimización e aproveitamento de materias primas para a industria agroalimentaria coa premisa da sustentabilidade ambiental
  • Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción e conservación de alimentos que garantan a calidade e seguridade alimentaria
  • Procesado na industria alimentaria para o desenvolvemento e implementación de novas tecnoloxías, así como para a elaboración de novos produtos e/ou a valorización dos que actualmente existen no mercado
  • Control dos procesos de degradación e perda de biodiversidade nos medios edáficos, hídricos e bióticos e da deterioración dos hábitats asociados

Ocupación

  • Biotecnólogo/a de alimentos
  • Técnico/a de industria alimentaria
  • Técnico/a de laboratorio de servizo alimentario
  • Encargado/a de produción e de elaboración de novos produtos e procesos alimentarios
  • Dirección e control da produción industrial de alimentos
  • Técnico/a de control de calidade do alimento
  • Técnico/a de laboratorio de control de calidade alimentaria
  • Técnico/a en análise de alimentos e sensorial
  • Inspector/a, auditor/a de calidade alimentaria
  • Operador/a ambiental
  • Técnico/a de medio natural
  • Técnico/a especialista en impacto ambiental
  • Técnico/a de control de calidade, seguridade e medio ambiente
  • Técnico/a en xestión e control da contaminación atmosférica
  • Técnico/a, experto/a, especialista en tratamento avanzado de augas
  • Hidrólogo/a
  • Técnico/a, experto/a, especialista en economía circular

 

Máis información