Título de grao que desde un coñecemento científico e crítico do pasado e presente da humanidade integra e relaciona o saber da Historia, Arte e Xeografía en tres ámbitos xeográficos: Galicia, Península Ibérica e Europa, coa principal finalidade de apreender o medio natural, físico e humano.

 

Área de Actividade Formativa

  • Principal: Xestión da Agua
  • Relacionada: Medioambiente

 

Interese Académico, Científico e Profesional

Posibilidade de cursar o Programa Conxunto de Estudos Oficiais en Turismo e Xeografía e Historia.
Título competitivo único no Sistema Universitario de Galicia e pouco común no resto de España.

 

Inserción Laboral

Ámbito Profesional

  • Xestión do patrimonio natural, histórico e artístico en ámbitos institucionais e entidades privadas
  • Planificación e xestión territorial
  • Xestión de institucións culturais
  • Tratamento e análise da información
  • Asesoría, documentación, e deseño de materiais e contidos para páxinas web culturais, aplicacións educativas, e medios de comunicación
  • Actividades arqueolóxicas
  • Investigación xeográfica e histórica

Ocupación

  • Técnico/a de xestión de recursos patrimoniais
  • Técnico/a de planificación territorial
  • Xeógrafo/a
  • Cartógrafo/a e especialista en tecnoloxías da información xeográfica
  • Especialista en xeoturismo
  • Documentalista

 

Máis información