Título de grao que ofrece formación en materia turística que comprende as necesidades da xestión empresarial e o aproveitamento turístico dos recursos naturais e culturais, a partir dun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co turismo, como son a xestión empresarial, planificación estratéxica, o márketing, economía ambiental, o comercio internacional, a xestión de aloxamentos e restauración, así como a xeografía e socioloxía.

 

Área de Actividade Formativa

  • Principal: Xestión da Auga
  • Relacionada: Medioambiente

 

Interese Académico, Científico e Profesional

Título de grao do que só hai dous no Sistema Universitario de Galicia.
Posibilidade de cursar o Programa Conxunto de Estudos Oficiais en Turismo e Xeografía e Historia.
No curso 2020/2021 ofertarase unha nova simultaneidade académica Programa de Recoñecemento Mútuo de Estudos Bachelor of Arts in Cruise Tourism Management en Hochschule- Bremehaven (Alemaña) e o Grao en Turismo (Universidade de Vigo).

 

Inserción Laboral

Ámbito Profesional

  • Desenvolvemento Turístico. Deseño e desenvolvemento de plans de desenvolvemento turístico, participación en plans de ordenación e políticas turísticas
  • Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento de recursos turísticos
  • Promoción. Deseño, comercialización e distribución de produtos turísticos
  • Dinamización Turística. Información, fomento e promoción de vendas de produtos turísticos; Investigación de mercados turísticos
  • Consultoría e Asesoría. Creación de infraestruturas no sector turístico; Asesoría a empresas e a entidades con competencia en materias turísticas

Ocupación

  • Responsable de desenvolvemento de destinos turísticos
  • Responsable de planificación e xestión pública de destinos turísticos
  • Promotor/a de actividades turísticas
  • Responsable de márketing para produtos e actividades turísticas
  • Xestor/a de empresas turísticas
  • Director/a de entidades do sector termal
  • Técnico/a de aloxamento termal
  • Consultor/a de o impacto do turismo sobre a calidade da auga
  • Especialista en xeoturismo
  • Axente de desenvolvemento local

 

Máis información