Título de grao que oferta unha completa formación científica, tecnolóxica e de interrelación teoría-aplicación universidade-industria, que capacita para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías de información, consideradas como un dos ámbitos determinantes para o avance económico e para a mellora da produtividade e da competitividade da sociedade actual. Ofértase un único grao en enxeñería informática con dous perfís profesionais diferenciados e con alto atractivo no contexto socioeconómico galego e español como son, Enxeñería do Software e Tecnoloxías da Información.

 

Ámbito Profesional de Inserción Laboral

  • Perfil de Enxeñería de Software (inspirado no currículo “Software Engineering” proposto pola Association for Computing Machinery (ACM)). Capacita para asumir responsabilidades e funcións en entidades públicas e privadas onde os ámbitos de traballo están relacionados con: Dirección e coordinación de proxectos de desenvolvemento de software; Análise de requisitos de software; Modelado de software; Creación e aplicación das probas que permitan verificar que os sistemas informáticos cumpren requisitos e especificacións; Participación no deseño de sistemas informáticos na informatización das áreas das organizacións; Dirección da implantación de sistemas integrados (ERP, CRM, etc.) ou dos sistemas abertos de arquitectura empresarial definidos nas políticas informáticas da empresa (frameworks, etc.).
  • Perfil de Tecnoloxías da Información (inspirado no currículo “Information Technology” proposto pola Association for Computing Machinery (ACM)). Capacita para asumir responsabilidades e funcións en entidades públicas e privadas onde os ámbitos de traballo están relacionados con: Selección e integración de produtos hardware e software adecuados para unha organización; Definición das políticas dos sistemas hardware e de rede, así como das características dos sistemas de comunicacións; Definición da política informática da empresa a medio e longo prazo; Participación na implantación de ferramentas de Datawarehouse, SIAD, Data Mining, etc; Desenvolvemento coherente das actividades da internet da empresa e xestión da evolución en función das necesidades estratéxicas da empresa; Deseño da seguridade do sistema informático; Vixilancia da tecnoloxía e definición das orientacións técnicas.

 

Máis información