Título universitario superior que ofrece coñecemento para formar a profesionais no deseño, desenvolvemento e avaliación de propostas educativas para a promoción e integración social das persoas ao longo da vida, respectando os diferentes contextos de socialización, para garantir á cidadanía o dereito á educación, facilitarlles estratexias para a mellora da calidade de vida e o desenvolvemento da autonomía, así como a máxima potencialidade das súas capacidades para unha integración e participación social ampla.

 

Ámbito Profesional de Inserción Laboral

  • Deseño, desenvolvemento, programación e avaliación de proxectos de innovación educativa
  • Asesoría e apoio ao persoal docente na aplicación de metodoloxías innovadoras para a aprendizaxe, así como no uso de recursos e equipamentos científicos
  • Asesoría e apoio ao persoal docente na revisión e mellora das accións formativas presenciais, semipresenciais e virtuais
  • Elaboración de materiais didácticos en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sostible
  • Planificación, deseño e realización de actividades lúdico-recreativas con especial interese para o medio natural, social, e cultural
  • Educación ambiental
  • Educación socioeducativa

 

Máis información