Título de grao de perfil xurídico que proporciona un coñecemento global de todas as áreas relacionadas co dereito, achegando a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas. Son múltiples os temas vinculados coa auga nos que está presente, en maior ou menor medida, o dereito: Abastecemento, depuración, saneamento, tratamento de augas residuais, verteduras, potabilización, augas subterráneas, desalinización, reutilización, xestión da auga, planificación hidrolóxica, protección do dominio público hidráulico, concesións de dereitos de uso privativo da auga, servidume, deslindes e modulacións, xestión ambiental, cambio climático, investigación, calidade da auga, seca, inundacións, infraestruturas hidráulicas, adxudicacións, taxas, transvasamentos, empresas, lexislación, biodiversidade, meteoroloxía, minería, dixitalización, usos enerxéticos, usos recreativos, usos industriais, termalismo, etc.

 

Área de Actividade Formativa

  • Principal: Xestión da Auga
  • Relacionada: Medioambiente, Alimentación

Mención

  • Dereito da Unión Europea e Desenvolvemento Sostible

 

Interese Académico, Científico e Profesional

Posibilidade de cursar o Programa Conxunto de Estudos Oficiais en Administración e Dirección de Empresas e Dereito.

 

Inserción Laboral

Ámbito Profesional

  • Xestión, protección e control do dominio público hidráulico
  • Asesoramento na redacción e execución de lexislación
  • Redacción de documentos xurídicos
  • Asesoramento xurídico, laboral, comercial, fiscal e administrativo a entidades e persoas físicas
  • Consultoría e auditoría xurídica

Ocupación

  • Avogado/a especialista en dereito ambiental
  • Asesor/a xurídico ambiental
  • Consultor/a xurídico ambiental
  • Avogado/a tecnolóxico
  • Especialista en protección de datos persoais
  • Responsable de propiedade industrial
  • Técnico/a en cumprimento normativo

 

Máis información