Título de grao cun marcado contido multidisciplinar que proporciona aos titulados/as a formación apropiada para abarcar os problemas ambientais desde diversos ámbitos do coñecemento, como son, coñecer e comprender os fundamentos físicos, químicos e biolóxicos relacionados co medio ambiente e os seus procesos tecnolóxicos, os distintos aspectos da planificación, xestión, valoración e conservación de recursos naturais, así como a análise de explotación dos recursos medio ambientais nun contexto de desenvolvemento sostible e a súa relación co clima e o cambio global.

 

Área de Actividade Formativa

  • Principal: Medioambiente
  • Relacionada: Alimentación, Xestión da Agua

Mención

  • Xestión Ambiental
  • Procesos Atmosféricos e Clima

 

Interese Académico, Científico e Profesional

Título de grao único no Sistema Universitario de Galicia.
Itinerarios formativos compartidos con Enxeñería Agraria e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos que ofrecen a posibilidade de obter dous títulos de grao en áreas de coñecemento afíns combinando materias.

 

Inserción Laboral

Ámbito Profesional

  • Sistemas de xestión da calidade ambiental na empresa e nas organizacións
  • Xestión ambiental na Administración Pública
  • Consultoría e avaliación de impacto ambiental
  • Auditoría ambiental
  • Tecnoloxía ambiental industrial
  • Formación e educación ambiental
  • Xestión do medio natural

Ocupación

  • Técnico/a, experto/a, especialista en tratamento avanzado de augas
  • Hidrólogo/a
  • Operador/a ambiental
  • Técnico/a de medio natural
  • Técnico/a de control de calidade, seguridade e medio ambiente
  • Técnico/a especialista en impacto ambiental
  • Técnico/a en xestión e control da contaminación atmosférica
  • Técnico/a, experto/a, especialista en economía circular

 

Máis información