Título de grao que capacita para desempeñar tarefas de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas, e desenvolver esas tarefas no seu ámbito global, ou ben en calquera das súas áreas funcionais, produción, recursos, ¬financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade. Así mesmo serán capaces de desenvolver a súa capacidade para analizar o contexto socio-económico e o comportamento do mercado, e determinar as medidas máis adecuadas que maximicen a xestión dos recursos, e garantan a eficacia dos procesos e dos resultados, coa finalidade de xerar riqueza e valor engadido.

 

Área de Actividade Formativa

  • Principal: Xestión da Auga
  • Relacionada: Medioambiente, Alimentación

 

Interese Académico, Científico e Profesional

Posibilidade de cursar o Dobre Grao Internacional en Administración e Dirección de Empresas e Bachelor Arts in Business Administration (Hochschule Bremerhaven. Universidade de Ciencias Aplicadas de Alemaña).
Posibilidade de cursar o Programa Conxunto de Estudos Oficiais en Administración e Dirección de Empresas e Dereito.
Posibilidade de cursar o Programa Conxunto de Estudos Oficiais en Administración e Dirección de Empresas e Enxeñería Informática.

 

Inserción Laboral

Ámbito Profesional

  • Planificación e xestión económico-financeira dos recursos hídricos nunha contorna de sustentabilidade

Ocupación

  • Xestor/a integral de recursos hídricos
  • Técnico/a, experto/a, especialista en economía circular
  • Técnico/a en responsabilidade social corporativa
  • Consultor/a en xestión do coñecemento
  • Xestor/a de transferencia tecnolóxica
  • Consultor/a de e- business
  • Experto/a en márketing de servizos
  • Consultor/a de administración e estratexia
  • Técnico/a de investigación de mercados
  • Asesor/a e conselleiro/a financeiro

 

Máis información