O Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural forma a doutores/as na xestión e conservación do patrimonio cultural, nas súas diferentes formas (patrimonio cultural moble, inmoble, intanxible) e desde diferentes disciplinas, historia, historia da arte, xeografía, arqueoloxía, química, física, bioloxía, xeoloxía, arquitectura, enxeñería. Por tanto, só desde esta perspectiva multidisciplinar é posible afrontar a investigación sobre o patrimonio co obxecto de protexelo e conservalo. Este programa pretende dar resposta á actual demanda de formación de carácter investigador por parte dos colectivos implicados na protección do patrimonio, agrupando todas as disciplinas posibles que participan ou contribúen á protección do patrimonio nun marco común de encontro, intercambio e colaboración na formación superior.

 

Aliñamento con Liñas de Especialización

  1. Medioambiente
  2. Xestión da Auga

 

Temáticas das Liñas de Especialización

Medioambiente

– Georrecursos das augas para a sustentabilidade territorial e o desenvolvemento rural
– Cambio climático e recursos hídricos
– Conservación de espazos protexidos
– Réxime xurídico do medio ambiente e a súa sustentabilidade

Liñas de investigación

  • Ambiente e patrimonio: Cambio climático, biodiversidade e biodeterioro
  • Patrimonio natural: Geodiversidad, áreas protexidas e desenvolvemento sostible
  • Geotecnologías aplicadas ao patrimonio
  • Lexislación e xurisprudencia do patrimonio cultural

 

Xestión da Auga

– Patrimonio natural, material e inmaterial da auga e o seu aproveitamento na ordenación e desenvolvemento do territorio.

Liñas de investigación

  • Valoración, xestión e difusión do patrimonio cultural
  • Patrimonio histórico-artístico e urbanismo
  • Territorio e paisaxe histórico

 

Interese Académico, Científico e Profesional

– Programa de doutoramento interuniversitario Universidade de Vigo (Coordinación); Universidades de Santiago de Compostela; Universidade da Coruña.
– Programa de doutoramento que dá continuidade formativa aos egresados/as dos másteres de orientación afín a este programa que pertencen ao Sistema Universitario de Galicia como son Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos; Máster en Arquitectura do Paisaxe Juana de Vega; Máster en Xeoinformática; Máster en Edificación Sostible; Máster en Rehabilitación Arquitectónica; Máster en Arquitectura; Máster de Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas; Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural; Máster en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais.
– Programa de doutoramento colaborador con Universidade de Cádiz e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, co Máster Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedad (Universidade de Vigo) e co Máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde (Universidade de Vigo).

 

Máis información