O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria forma a doutores/as que desenvolven a súa actividade de I+D+i nos diversos elos da cadea alimentaria, desde a produción primaria de materias primas aos últimos avances en procesado de alimentos ou en biotecnoloxía, pasando pola calidade e seguridade alimentaria, garantindo unha formación integral e multidisciplinar que lles permita desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como a xeración de novos produtos e/ou a valorización dos que actualmente existen no mercado, capacitándoos cunha excelente preparación científica e madurez profesional para liderar e colaborar en actividades de I+D+i do sector científico-profesional da alimentación.

 

Aliñamento con Liñas de Especialización

  1. Alimentación
  2. Medio
  3. Xestión da auga
  4. Tecnoloxías Intelixentes

 

Temáticas das Liñas de Especialización

Alimentación

– Investigación, desenvolvemento e innovación na produción, elaboración e conservación de alimentos
– Calidade e seguridade dos alimentos
– Competitividade da industria de produción de alimentos
– Sustentabilidade ambiental na industria alimentaria

Liñas de investigación

  • Caracterización e mellora da calidade sensorial (composición aromática) e funcional (perfil polifenólico) dos alimentos
  • Alimentos nutracéuticos
  • Produción e avaliación de antioxidantes naturais
  • Obtención e avaliación de novos ingredientes funcionais
  • Produción, purificación, caracterización e aplicación de encimas microbianas de interese alimentario e ambiental
  • Produción e aplicación de bacterias lácticas probióticas e bacteriozinas
  • Distribución de contaminantes químicos orgánicos agrícolas e ambientais na cadea de produción de alimentos
  • Seguridade alimentaria
  • Revalorización de residuos agroalimentarios
  • Aproveitamento e valorización de materiais residuais e subproductos da industria alimentaria mediante procesos fermentativos

 

Xestión da auga

– Xestión do recurso auga
– Investigación e aplicación de augas e augas termais
– Termalismo

Liñas de investigación

  • Termalismo e xeotermia
  • Estudo da calidade da auga e modelización de procesos hidrolóxicos en concas forestais

 

Medio ambiente

– Auga e Solo. Protección dos recursos hídricos
– Calidade da auga e os seus ecosistemas
– Georrecursos das augas para a sustentabilidade territorial e o desenvolvemento rural
– Cambio climático e recursos hídricos
– Ecosistemas agrarios e interdependencia co ciclo da auga
– Produción primaria sostible
– Valorización de subproductos agroindustriais
– Conservación de espazos protexidos
– Sustentabilidade e avaliación de sistemas agrarios

Liñas de investigación

  • Transporte de agroquímicos e elementos traza no sistema planta-auga-solo
  • Estudo da presenza, distribución e mobilidade de metais pesados e pesticidas en solos
  • Determinación do estado fitosanitario dos cultivos e modelos preditivos de aplicación de tratamentos fitosanitarios
  • Influencia do cambio climático sobre os cultivos e especies autóctonas
  • Desenvolvemento de novos materiais a partir de biomasa vexetal

 

Tecnoloxías intelixentes

Liñas de investigación

  • Agroinformática e viticultura

 

Interese Académico, Científico e Profesional

– Programa de doutoramento único no Sistema Universitario de Galicia.
– Mención de Calidade cara á Excelencia. Ministerio de Educación. Desde o Curso Académico 2011/2012 e seguintes. O número de persoal investigador actualmente é de 41 (curso 2018/2019) cun total de 110 sexenios. Os diferentes equipos participan/colaboran con diferentes institucións nacionais e internacionais en temas de investigación e docencia, o que se traduce nun importante impacto internacional.

 

Máis información