O Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento responde á necesidade de ofertar formación especializada de elevada calidade na xeración e transmisión de coñecemento nun dos recursos considerados esenciais na actualidade como é a auga. A interdisciplinariedade e relación con outros elementos como o medio ambiente, a alimentación, os recursos naturais e culturais, o turismo e termalismo, resultan de interese estratéxico para a provincia de Ourense e a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

 

Aliñamento con Liñas de Especialización

  1. Xestión da Auga
  2. Medioambiente
  3. Alimentación

 

Temáticas das Liñas de Especialización

Auga

– Xestión da Auga

Liñas de investigación

  • Réximen xurídico da auga
  • Calidade da auga e os seus ecosistemas
  • Investigación e aplicacións de augas e augas termais

 

Sustentabilidade

– Medioambiente
– Xestión da Auga

Liñas de investigación

  • Réxime xurídico do medio ambiente e a súa sustentabilidade
  • Produción primaria sostible
  • Xestión sostible
  • Cambio climático e recursos hídricos

 

Desenvolvemento

– Xestión da auga
– Alimentación
– Medio
– Tecnoloxías Intelixentes
– Innovación Social e Educativa

Liñas de investigación

  • Dereito, TIC e desenvolvemento
  • Alimentación e desenvolvemento
  • Desenvolvemento turístico asociado ao patrimonio e á saúde

 

Tecnoloxías intelixentes

Liñas de investigación

  • Agroinformática e viticultura

 

Interese Académico, Científico e Profesional

A concepción do Programa de Doutoramento en ASD como o marco idóneo para ofertar unha formación especializada de elevada calidade na xeración e transmisión de coñecementos en temáticas da auga dentro da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal estimulou a colaboración específica con outras universidades e institutos universitarios do Norte de Portugal.

Neste sentido, o Programa de Doutoramento en ASD formalizou Convenios de Colaboración específico co Instituto Politécnico do Porto (IPP) e a Universidade de Tràs-Os-Montes e Alto Douro (UTAD), (convenio específico asinado o 09/05/2016), así como co Instituto Politécnico de Bragança (IPB), (convenio específico asinado o 22/05/2020). O obxectivo é favorecer a colaboración no desenvolvemento do Programa, así como fomentar a matrícula de alumnado, e potenciar a participación de investigadores/as do IPP, UTAD e IPB mediante a dirección e/ou co-dirección de teses asociadas a este Programa, e desenvolver traballo común nas distintas áreas de investigación. Así mesmo, as catro institucións están representadas na Comisión Académica do Programa Doutorado, sendo a Universidade de Vigo a única universidade responsable con capacidade para a emisión do título de doutoramento.


 

Máis información