Con motivo da celebración do Día Mundial da Auga, o Campus da Auga celebra unha xornada de portas abertas dirixida ao estudantado de Educación Secundaria e Bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra

O obxectivo é orientar ao estudantado sobre o seu futuro universitario, e dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga. Neste sentido, decanos e directores dos centros universitarios do Campus de Ourense, presentan as diferentes titulacións que oferta a universidade de Vigo neste campus e as súas saídas profesionais.

Así mesmo, diferentes profesores e investigadores organizan sesións teóricas e prácticas nas súas instalacións e laboratorios para dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga.

 

Programas das Xornadas de portas abertas