Premios de Investigación, Innovación Educativa e Divulgación Científica do Campus da Auga

Estes premios teñen a finalidade de recoñecer e estimular accións relevantes nestes eidos, que contribúan á promoción do Campus da Auga. A dotación económica destes premios e proporcionada pola empresa Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia SAU, conforme ao Convenio Marco de colaboración entre ésta e a Universidade de Vigo.

Os premios que se convocan son cinco, nas seguintes modalidades:

  • Premio ao TFG/TFM mais destacado. Diploma acreditativo para o/a alumno/a autor/a do TFG/TFM e para a titorización do mesmo, e dotación en metálico de 500€ para o autor/a 1.
  • Premio de investigación a Teses de Doutoramento. Diploma acreditativo para o/a autor/a da tese de doutoramento e para a dirección da mesma, e dotación en metálico de 800€ para o autor/a 1.
  • Premio de investigación á mellor contribución científica. Diploma acreditativo ao autor/a e dotación en metálico de 800€ 1.
  • Premio ao mellor resultado de transferencia. Diploma acreditativo ao autor/a e dotación en metálico de 800€ 1.
  • Premio a accións ou actividades de divulgación científica. Diploma acreditativo ao autor/a e dotación en metálico de 700€ 1.

1suxeitos ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente

Consulta a convocatoria

Resolución dos premios 2019