AXUDAS COVID-19

  • Categoría: Bolsas
  • Tipo: Bolsa de estudo
  • Publicador: Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
  • Data inicio: 22/01/2021
  • Data fin: 19/02/2021

O obxecto das axudas é atender as necesidades do alumnado matriculado na Universidade de Vigo en estudos universitarios oficiais de Grao, Máster e Doutoramento, afectado pola consecuencias económicas da declaración do estado de alarma que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

 

Axudas ao alumnado por causas sobrevidas_Xunta de Galicia 2020/2021

  • Categoría: Bolsas
  • Tipo: Bolsa de estudo
  • Publicador: Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
  • Data inicio: 13/01/2021
  • Data fin: 31/07/2021

Axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario Galego que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos.

Contratación de persoal- proxecto Jean Monnet Erasmus EU-PÊCHE

  • Categoría: Emprego
  • Tipo: Convocatorias de I+D+i
  • Publicador: OFICINA DE PROXECTOS INTERNACIONAIS
  • Data inicio: 12/01/2021
  • Data fin: 26/01/2021

Contratación de persoal de apoio para o proxecto Jean Monnet Erasmus + “UNE VISION EUROPÉENNE DES OCÉANS ET DES MERS: PÊCHE MARITIME ET CROISSANCE DURABLE” –EUPÊCHE- (Núm. referencia: 611507-EPP-1-2019-ES-EPPJMO-PROJECT) 

Bolsa Learn África Mulleres por África

  • Categoría: Bolsas
  • Tipo: Mobilidade estudantes
  • Publicador: Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos

Programa, impulsado pola Fundación Mujeres por África dirixido á estudantes africanas para que cursen estudos de máster na Universidade de Vigo

Axudas Juan de la Cierva- Formación_2020

  • Categoría: Investigar
  • Tipo: Recursos Humanos
  • Publicador: Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento

Convócanse 278 axudas para fomentar a contratación laboral de persoal doutor novo por un período de 2 anos para que completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros de I+D españois distintos a aqueles nos que realizaron a súa formación predoutoral.

Diferéncianse dous trámites simultáneos:

  1. A presentación de candidaturas por parte do persoal investigador doutor aspirante que cumpra os requisitos exixidos pola convocatoria e que deberá tramitar persoalmente mediante o formulario electrónico de solicitude tal e como indican as bases, cuxo prazo comeza o 17 de decembro de 2020 e remata o 21 de xaneiro de 2021 ás 14.00 horas.
  2. A presentación dunha solicitude única por parte dos centros de I+D, Universidade de Vigo neste caso, coa relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura cuxo prazo remata o 28 de xaneiro de 2021 ás 14 horas.

Axudas Juan de la Cierva- Incorporación_2020

  • Categoría: Investigar
  • Tipo: Recursos Humanos
  • Publicador: Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento

Convócanse 278 axudas para fomentar a contratación laboral de persoal doutor novo por un período de 3 anos para que afiancen as capacidades adquiridas durante unha primeira etapa de formación posdoutoral.

A convocatoria «Juan de la Cierva- Incorporación» diferencia dous trámites simultáneos:

  1. A presentación de candidaturas por parte do persoal investigador doutor aspirante que cumpra os requisitos exixidos pola convocatoria e que deberá tramitar persoalmente mediante o formulario electrónico de solicitude tal e como indican as bases da convocatoria, cuxo prazo comeza o 15 de decembro de 2020 e remata o 19 de xaneiro de 2021 ás 14.00 horas peninsular.
  2. A presentación dunha solicitude única por parte dos centros de I+D, Universidade de Vigo neste caso, coa relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura cuxo prazo remata o 26 de xaneiro de 2021 ás 14.00 horas peninsular.